Igrexa de San Fins de Brión



San Fins de Brión

Trátase dun dos proxectos arquitectónicos máis antigos do concello. O primeiro amago de construción dataría do ano 1334 e sería impulso dunha herdanza demostrada no testamento de Rui Soga. Seguidamente en 1597, o V conde de Altamira, Lope Osorio de Moscoso, daría unha rica cantidade de diñeiro como axuda para continuar coas obras neste caso, do novo retablo.

O orixinario edificio medieval sería sustituido polo actual cara 1731, continuándose nos anos sucesivos. Tanto é así que, segundo conta a lenda, algunhas das pedras coas que a igrexa continuou construíndose, ao igual que acontecería coa capela de Santa Minia na mesma parroquia, poderían pertencer as propias torres de Altamira, en completa ruína tras os incendios e o abandono total da fortaleza. 

Sexa verdade ou non, a fachada pétrea de San Fins e estritamente sinxela, destacando nela so a porta flanqueada por pilastras estriadas e sobre a cal descansa unha fornela coa imaxe do patrón, San Fins. O lado esquerdo desta, levántase a torre das campás a unha altura considerable que permite vela dende varios puntos da parroquia. 

Pero a esa sinxeleza exterior contraponse o maxestuoso interior. Cunha planta de cruz latina e nave única abovedada, preséntasenos unha igrexa cuxo tesouro se atopa nos retablos. Entre eles o principal é o do presbiterio, datado entre o 1735 e 1737 e pertencente o facer de Luis Parcero. Unha verdadeira xoia barroca dividida en dous corpos e tres espazos, destacando no medio o conxunto do sagrario, un expositor e un relicario adicado a San Fins. Todo elo acompañado no resto dos espazos por ricas fornelas habitadas polas imaxes de Santo Antonio de Padua, San Fins, San Clemente, San Roque, a Virxe do Rosario e San Domingos e situado nunha rica estrutura barroca onde as columnas salomónicas dividen os espazos así como os elementos que decoran e dan ese xogo de luces e formas tan propio do estilo do XVIII. 

Fora do retablo principal, tamén temos a de San Xosé datada no 1685, dúas virxes do Carme, unha de finais do XVIII e a outra de 1930 e un Cristo Moderno do século XX. 

Finalmente, en canto as pezas de ourivería, encontramos un viril de finais do século XVI de estilo manierista que se cre doazón polo cardeal Baltasar de Moscoso, irmán do conde VI de Altamira; unha cruz procesional de mediados do XVIII ou un cáliz neoclásico de finais do XVIII.


San Félix de Brion

Se trata de uno de los proyectos arquitectónicos más antiguos del ayuntamiento. El primer amago de construcción lo encontramos en el año 1334, siendo este impulso de una herencia demostrada en el testamento de Rui Soga. Seguidamente en 1597, el V conde de Altamira, Lope Osorio de Moscoso, daría una rica cantidad de dinero como ayuda para continuar con las obras, en este caso del nuevo retablo.

El edificio originario medieval sería sustituido por el actual hacia 1731, continuando con su construcción en los años sucesivos. Tanto es así que, según cuenta la leyenda, algunas de las piedras con las que la iglesia se continuó construyendo al igual que sucedería con la capilla de Santa Minia en la misma parroquia, podrían pertenecer a las propias torres de Altamira, en completa ruina tras los incendios y el abandono total da fortaleza. 

Sea verdad o no, la fachada pétrea de San Félix es estrictamente sencilla, destacando en ella únicamente la puerta flanqueada por pilastras estriadas y sobre la cual descansa un nicho con la imagen del patrón, San Félix. Al lado izquierdo de esta, se levanta la torre de las campanas, a una altura considerable que permite visualizarla desde varios puntos de la parroquia. 

Pero a esa sencillez exterior se contrapone la majestuosidad interior. Con una planta de cruz latina y nave única central abovedada, se presenta una iglesia cuyo tesoro se encuentra en los retablos. Entre ellos el principal es el del presbiterio, fechado entre 1735 o 1737 y perteneciente al hacer de Luis Parcero. Una verdadera joya barroca dividida en dos cuerpos y tres espacios, destacando en el del medio el conjunto del sagrario, un expositor y un relicario dedicado a San Félix. Todo ello acompañado en el resto de los espacios por ricas hornacinas habitadas por las imágenes de Santo Antonio de Padua, San Félix, San Clemente, San Roque, la Virgen del Rosario y San Domingos, en una rica estructura barroca donde  las columnas salomónicas dividen los espacios así como elementos que decoran y dan ese juego de luces y formas tan propias del estilo del XVIII. 

Fuera del retablo principal, también tenemos las de San José datada no 1685, dúas vírgenes do Carme, una de finales do XVIII y otra de 1930 e un Cristo Moderno do siglo XX. 

Finalmente, en cuanto as piezas de orfebrería, encontramos un viril de finales del siglo XVI de estilo manierista que se cree donación del cardenal Baltasar de Moscoso, hermano del conde VI de Altamira; una cruz procesional de mediados del XVIII o un cáliz neoclásico de finales del XVIII.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 

Copyright © Patrimonio relixioso de Brión | Concello de Brión